Descripción
A merla de trapo, a obra de Antón Cortizas gañadora do Premio Merlín 2001, é unha historia de fadas pero que non ten fadas.
A protagonista é Antonia, unha humilde costureira que traballa nas casas onde a chaman, a cambio da comida e dalgunhas moedas. Cando costuraba para os seus veciños, Antonia traballaba na súa casa da rúa das Pétalas, onde unha mañá pousou, na varanda da xanela, un merlo de ferro, un paxariño que tiña no peteiro un estorbo que lle impedia cantar. Antonia conseguiu que aquel merlo marabilloso, posuidor dun peteiro escintilante e dourado feito de raios de sol ben apertadiños, volvese cantar; retirándolle aquela xelatina de silencio, aquel cachiño de lúa que lle quedara pegado no peteiro.
Ao cabo dun tempo, a costureira observou que o merlo cantaba cada vez durante menos tempo; mesmo un día apareceu cun pequena póla de sen-ninguén, esa herba solitaria coa que o paxaro lle quería comunicar que estaba triste e se atopa só. A costureiriña, conmovida, decidiu proporcionarlle unha compañeira, ganduxar unha merla de trapo que o acompañase. Traballadora como era, cortou dúas siluetas iguais sobre un lenzo branco, encheunas de guata, coseunas con frío branco, forrounas con retallos de anoitecida, empregando os fíos que lle arrincara ás noites de lúa: a merla de trapo e o merlo de ferro axiña namoraron e comezaron a construír un niño de luz e sombra.
A Antonia a maxia quedáralle pousada nos dedos, os tres paxaros de cores do grandioso carballo aprendéranlle a ler, quedara invericada, moi invericada. E así, os efectos do seu quefacer eran imprevistos: os botóns que poñía nas blusas permitían saber a hora exacta que era, por que o temo quedara prendido nos ollas dos botóns, ou era quen de coser música sobre a chaqueta de maón do seu amado ferreiro. En A merla de trapo desfilan tamén outros contos de maxia, como o rei de moi mal carácter e ansias desmedidas de poder, con múltiples serventes, pero que non posuía esa capacidade humana de soñar.
- Ganadora do Premio Merlín 2001
- Colección: Merlín 11 anos
- Encuadernación: Tapa blanda o bolsillo
EAN: 9788497827027
Características
| Autor | Antón Cortizas |
|---|---|
| Idioma | galego |
| Fecha de publicación | 2008 |
| Editorial | XERAIS |
| Número de páginas | 176 |
En Bixoto compensamos totalmente la huella climática para este producto de la mano de HundredTrees.
El cálculo incluye materia prima, producción y transporte. Cada vez que compres, se genera además un certificado que confirma la compensación llevada a cabo por tu pedido. Encuentra más información sobre las compensaciones de Bixoto aquí.
Devoluciones fáciles
Tienes 14 días desde la fecha de entrega para devolver tu compra. Los artículos deben estar sin usar y en su embalaje original. Te reembolsaremos el importe completo en un plazo de 5 días laborables tras recibir el artículo devuelto. Los gastos de envío de la devolución pueden aplicarse.
- El envío para pedidos con importes menores a 69 € tiene un coste de 3,99€.
- Por compras a partir de 69,00€ el envío es gratuito.
Recuerda que solo ofrecemos el servicio de envío a la península de España y las Islas Baleares. Si vemos que, se ha realizado una compra fuera de la península, esta no podrá ejecutarse y será cancelada.
Financia tu compra con total comodidad. En Bixoto queremos que disfrutes de tus productos sin preocuparte por el pago. Por eso, junto a nuestros colaboradores PayPal y Sequra, te ofrecemos opciones de financiación flexibles y transparentes, un sistema de pago pensado para ti.
- Hasta 3 meses sin intereses, cortesía de Bixoto.
- También puedes elegir el pago a 6 o 12 meses con condiciones muy competitivas.
Rápido, sencillo y 100 % seguro. Explora las opciones que mejor se adapten a ti o contáctanos si necesitas ayuda. Estamos aquí para hacerte la compra más fácil.
